FACTURA DOS MORTEIROS POLICROMADOS

 


Temos dous tipos de morteiros policromados:

1.-Morteiros que cubrían a totalidade do muro norte con datación do século XVI.

Os morteiros de cal e area son de variado grosor dependendo da zona. Ten un morteiro máis groso sobre o que se aplicou outro máis fino. Sobre este último aplicouse a policromía con pigmentos terras a excepción de un cor azul de pigmento azurita. Falaríamos de unha policromía ó seco con detalles ó seco. 

Non se pode obviar a similitude cas pinturas de Santa María de Nogueira aínda que con diferencias de composición e factura.

2.-Enxabelgado policromado ca escena do Belén de más antiga datación

Enxabelgado con policromía en negro e detalles en roxo, verde, e rosa. A analítica tomada da cor verde resulta ser un pigmento verde de cobre con albaialde. En este caso con moita probabilidade temos que pensar que sería unha policromía con aglutinante orgánico. 

É moi posible que o artista empregara na composición un modelo procedente de algún grabado.


Eiquí temos detalles da factura dos morteiros policromados:

-marcas no morteiro para situar as escenas;

-morteiros que montan un riba dos outros sinalando a factura en tandas distintas;

-detalles moi minuciosos nas persoaxes máis cercanas ós crentes

Marcas na trompeta como encaixe da escena

Marcas de compás e cambio de morteiros na parte superior

Detalles moi minuciosos da cor


Escena do Belén: enxabelgado

                                       
                                            Morteiro policromado: micromostra pigmento azurita

Enxabelgado: micromostra pigmento verde de cobre







RESTAURACIÓN DAS PINTURAS MURAIS DA IGREXA DE SAN XIAO DE LOBIOS, SOBER (LUGO) 2020-2021

    RESTAURACIÓN DAS PINTURAS MURAIS DA IGREXA DE SAN XIAO DE LOBIOS, SOBER (LUGO) - Orzamento : 54.215,26 euros IVE incluído - Restau...