CRITERIOS DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN

 Disposicións legais: Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia.

Recomendaciós, cartas e principios internacionaius como os Principios para a preservación, conservación e restauración de pinturas murais. Zimbawe, 2003.

Os criterios de intervención seguidos están baseados nas disposicións legais e recomendacións internacionais  que son:

-intervención dirixida á raiz dos problemas;

-medidas de conservación e consolidacón baseadas na evolución do nivel de seguridade e na comprensión do significado histórico e cultural do monumento;

-non se emprendeu ningunha acción non indispensable;

- as intervencións foron proporcionais ós obxetivos cun nivel mínimo de intervención que garante a seguridade e durabilidade dos valores patrimoniais;

-diseño da intervención baseada con comprensión do tipo das accións que causaron os daños e deterioros;

-sopesado das técnicas innovadoras e tradicionais, dando preferencia ás menos invasivas e máis compatibles, tendo presentes os requisitos de seguridade e durabilidade;

-dun mínimo  de intervención foise pasando ás medidas suplementarias ou correctoras;

-na medida do posible as actuacións foron reversibles e non impiden intervencións posteriores;

-compatibilidade, estabilidade e inocuidade dos materiais empregados con materiais orixinais;

-mantivéronse as características distintivas da estructura do ben e do seu contorno;

-respetáronse a concepción e técnicas de execución orixinais e o seu valor histórico;

-primouse a reparación frente a sustitución;

-as imperfeccións e alteracións tamén forman parte da historia do ben;

-a reposición de elementos é discernible do orixinal reintegrando as zonas documentadas e de escasa entidade para a súa correcta lectura;

-atendeuse de maneira prioritaria á conservación do monumento.





RESTAURACIÓN DAS PINTURAS MURAIS DA IGREXA DE SAN XIAO DE LOBIOS, SOBER (LUGO) 2020-2021

    RESTAURACIÓN DAS PINTURAS MURAIS DA IGREXA DE SAN XIAO DE LOBIOS, SOBER (LUGO) - Orzamento : 54.215,26 euros IVE incluído - Restau...