MEDIDAS E AFECCIÓNS

 



A altura vai dende os 6,80 m. do muro norte e sur, e os 9 m. do arco triunfal e paramento oeste

Durante as labores de desencalado, os danos e modificacións que dalgún xeito xa se intuían quedaron o descuberto durante a fase de desencalado: 
-fendas de variados tamaños e profundidade correspondentes a movementos do terreo, 
-importantes faltantes de morteiro e cor causados por eses movementos, 
-ocos entre morteiro e paramento,
-manchas de taninos, e varridos da cor debido a escorrentías procedentes do encontro do teito co muro norte,
-debilitamento de morteiros e cor afectados polas filtracións dende o muro,
-a irregularidade da superficie polícroma causada polos faltantes solventouse aplicando morteiro, 
-tapiado da fiestra orixinal no muro norte que formou parte do lenzo murario.







Fiestra tapiada e elemento reaproveitado na parte inferior en forma de L 

Cas termografías feitas pódese apreciar que temos movementos do muro a modo de fendas que foron ocultadas polas cales que disimulaban eses danos.




Como modificacións históricas das que fala a arquitectura, ademais do tapiado da fiestra do muro norte, nalgún momento tapiouse a porta do mesmo muro e fíxose a apertura e peche dun oco a modo de porta no muro a altura do coro. En relación ca policromía, así como o límite por arriba é clara no encontro co teito, por abaixo sabemos que baixa, xa que despois de desmontar o retablo de San Antonio comprobamos que a policromía seguía máis abaixo da cota actual. 

Apertura oco no muro sur

Tapiado do muro norte













RESTAURACIÓN DAS PINTURAS MURAIS DA IGREXA DE SAN XIAO DE LOBIOS, SOBER (LUGO) 2020-2021

    RESTAURACIÓN DAS PINTURAS MURAIS DA IGREXA DE SAN XIAO DE LOBIOS, SOBER (LUGO) - Orzamento : 54.215,26 euros IVE incluído - Restau...