O tratamento de intervención consistiu en:
-Desencalado dos paramentos norte e sur (en algúns puntos con cinco capas de cal), para facer visibles o morteiro policromado do século XVI e enxabelgado policromado con datación anterior;
-consolidación de ocos entre morteiros e paramento para desta forma conseguiir a adhesión do morteiro ó muro;
-fixado da policromía que doutro xeito se perdería;
-consolidación de morteiros e policromía para recuperar o efecto do aglutinante;
-eliminación de morteiros engadidos xa que enmascaraban danos e ocultaban puntualmente a policromía orixinal;
-reposición de morteiros de forma puntual e peche de bordes. A maioría de morteiros perdidos non se repuxeron xa que debaixo temos un enxabelgado de época anterior. As perdas de cor son de tan grande entidade que se decidiu manter os faltantes do morteiro do século XVI pechando só os bordos;
-reintegración puntual da cor dacordo co punto anterior.