RESTAURACIÓN DAS PINTURAS MURAIS DA IGREXA DE SAN XIAO DE LOBIOS, SOBER (LUGO) 2020-2021

 


 

RESTAURACIÓN DAS PINTURAS MURAIS DA IGREXA DE SAN XIAO DE LOBIOS, SOBER (LUGO)


-Orzamento: 54.215,26 euros IVE incluído

-Restauradora adxudicataria: María Dolores Lago Arce
correo electrónico: chupenapiruja@gmail.com
Telf.: 610 970 224

-Prazo de execución
obra realizada dende agosto do 2020 a febreiro do 2021

-Proxecto e informe final
María Dolores Lago Arce

-Analíticas: ARTELAB

-Fotografías
Crea  
María Dolores Lago Arce

-Fotogrametría
Crea

-Ortofotogrametrías e dron
Tau

-Planimetrías
Xosé Lomba Martínez

-Restauradoras:
Lago Arce, María Dolores
López Pérez, Teresa
Roig Tur, Josefa
Tau Restauración
Vázquez Rodríguez, Mª Isabel

-Termografías: INVECO


   
                                                  

IGREXA PERTENCENTE A UN ANTIGO MOSTEIRO DE MONXAS

 A igrexa de San Xiao de Lobios (localizacioné un dos mellores exemplos de arquitectura tardorrománica que se conservan na Ribeira Sacra.

Esta igrexa pertenceu a un antigo mosteiro de monxas benedictinas datada no século XIII conformada pola ábsida semicircular e unha nave onde se encontran os ciclos pictóricos intervidos.

Cabeceira

Norte. Fiestra tapiada

Norte. Porta tapiada

Oeste

Sur

Sancristía. Muro sur da igrexa









ESTADO DE CONSERVACIÓN

As pinturas murais desenvólvense no muro norte e no arco triunfal, estando antes da nosa intervención ocultas baixo varias capas de caleados, ocultándoas en case a súa totalidade.
Os danos dos que adoecían eran de:
-carácter antrópico en forma de mutilación, por descoñecemento do ben;
-modificacións arquitectónicas históricas: tapiado de porta e fiestra do muro norte, e apertura e peche de oco no muro sur a altura do coro;
-e carácter estrutural, sobre todo no muro norte que se reflicten en: escorrentías, fendas, ocos entre morteiros e paramento, e grandes faltantes.
Os caleados sucesivos quixeron ocultar os danos das pinturas, quedando no esquecemento colectivo a existencia das mesmas como mostran as fotografías antes da intervención. 


muro norte

arco triunfal


MEDIDAS E AFECCIÓNS

 



A altura vai dende os 6,80 m. do muro norte e sur, e os 9 m. do arco triunfal e paramento oeste

Durante as labores de desencalado, os danos e modificacións que dalgún xeito xa se intuían quedaron o descuberto durante a fase de desencalado: 
-fendas de variados tamaños e profundidade correspondentes a movementos do terreo, 
-importantes faltantes de morteiro e cor causados por eses movementos, 
-ocos entre morteiro e paramento,
-manchas de taninos, e varridos da cor debido a escorrentías procedentes do encontro do teito co muro norte,
-debilitamento de morteiros e cor afectados polas filtracións dende o muro,
-a irregularidade da superficie polícroma causada polos faltantes solventouse aplicando morteiro, 
-tapiado da fiestra orixinal no muro norte que formou parte do lenzo murario.







Fiestra tapiada e elemento reaproveitado na parte inferior en forma de L 

Cas termografías feitas pódese apreciar que temos movementos do muro a modo de fendas que foron ocultadas polas cales que disimulaban eses danos.




Como modificacións históricas das que fala a arquitectura, ademais do tapiado da fiestra do muro norte, nalgún momento tapiouse a porta do mesmo muro e fíxose a apertura e peche dun oco a modo de porta no muro a altura do coro. En relación ca policromía, así como o límite por arriba é clara no encontro co teito, por abaixo sabemos que baixa, xa que despois de desmontar o retablo de San Antonio comprobamos que a policromía seguía máis abaixo da cota actual. 

Apertura oco no muro sur

Tapiado do muro norte













TRATAMENTO E INTERVENCIÓN

 O tratamento de intervención consistiu en:

-Desencalado dos paramentos norte e sur (en algúns puntos con cinco capas de cal), para facer visibles o morteiro policromado do século XVI e enxabelgado policromado con datación anterior;

-consolidación de ocos entre morteiros e paramento para desta forma conseguiir a adhesión do morteiro ó muro;

-fixado da policromía que doutro xeito se perdería;

-consolidación de morteiros e policromía para recuperar o efecto do aglutinante;

-eliminación de morteiros engadidos xa que enmascaraban danos e ocultaban puntualmente a policromía orixinal;

-reposición de morteiros de forma puntual e peche de bordes. A maioría de morteiros perdidos non se repuxeron xa que debaixo temos un enxabelgado de época anterior. As perdas de cor son de tan grande entidade que se decidiu manter os faltantes do morteiro do século XVI pechando só os bordos;

-reintegración puntual da cor dacordo co punto anterior.


Desencalado a tempo real

                                                   Desencalado de 4 h. de traballo

                                                                4 horas de traballo desencalando

Cata de desencalado. Arco triunfal

Consolidación

Consolidación con morteiro líquido


                                                                        Fixado da cor


                                                                        Consolidación


               Testigo de limpeza                     Proceso de limpeza


   Ventá en intervención                                  Ventá intervida      

Reintegración puntual da cor 
                        
                                                          



O ANTES E DESPOIS DA INTERVENCIÓN


Tras desencalar a superficie, é dicir, depois de eliminar as capas de cal sobre a policromía orixinal, quedaban pequenos restos, velos esbrancuxado, ocos e debilidade da policromía. Eiquí móstrase a esquerda o antes de tratar estes problemas e a dereita xa finalizado o tratamento de intervención no muro norte e arco triunfal que é onde temos policromía.

No muro sur e oeste depois de encintar as xuntas entre sillares, aplicouse un enxalbelgado en toda a superficie. 

PARAMENTO NORTE














                                                                     

                                 



                               
   










                             

                                                       




ARCO TRIUNFAL

             Antes                                                      Depois                                           




PARAMENTOS SUR E OESTE


Elemento reaproveitado. Coro

Marca de canteiro

Marca de canteiro






RESTAURACIÓN DAS PINTURAS MURAIS DA IGREXA DE SAN XIAO DE LOBIOS, SOBER (LUGO) 2020-2021

    RESTAURACIÓN DAS PINTURAS MURAIS DA IGREXA DE SAN XIAO DE LOBIOS, SOBER (LUGO) - Orzamento : 54.215,26 euros IVE incluído - Restau...